Bio e discografía

O 31 de decembro de 2005 foi o primeiro día que nos xuntamos nun local da antiga escola de Matalobos, no concello da Estrada, Jorge Rodríguez(guitarra), Jorge Iglesias(Batería), Pedro Dono(baixo) e Fidel Castro(voz), coa intención de facer música coido que xa baixo a denominación de Skyo(que en pouco tempo mudou en Esquíos, retomando o concepto orixinal ideado por Loli Ríos Valiñas).

Comezamos o 2006 ensaiando, e no primeiro terzo do ano xa demos algún concerto, cousa que continuamos a facer o resto dese ano ata gravar o noso primeiro disco nos estudios Phonos. O disco gravouse en directo nun día e medio, foi autoeditado con Autoeditados Distribución e saiu baixo o nome do grupo, sen título. O estilo difería do actual,  os temas eran máis longos(doce neste disco), unha especie de mestura entre rochoso punk-rock e stoner-rock, estando moi influenciados tanto por Black Sabbath e Kyuss coma por Eskorbuto e Stooges. O disco é enviado  a diversos medios e obten boas críticas en medios coma Rock Estatal ou Rock Total.

Fidel Fernández chamounos para o seu programa de Tv “Noites de xolda” no que fomos entrevistados e tocamos dous temas no que foi a estrea Miguel Castro coma novo cantante da banda(trala marcha de Fidel Castro).

Con este disco soamos moi a miúdo no “Aberto x reformas” que Xurxo Souto presentaba na Radio Galega, sobretodo o tema “Arden os montes”(tema do que fixemos un videoclip moi rudimentario).

Nesta época Jorge Rodríguez é o compositor de toda a música, compartindo a escritura das letras con Fidel Castro. Coa saída de este ultimo e a entrada de Miguel Castro as voces, Jorge Rodríguez acaparará xa definitivamnete toda a composición tanto musical coma lírica, agás algunha excepción coma o tema que daría título o seu seguinte disco, “Un tipo normal”, cunha letra autobiográfica escrita polo novo cantante.

“Un tipo normal” foi gravado nos estudios Phonos de A Estrada e producido por  Curi, o seu dono. O disco foi gravado por partes e cunha produción moito máis coidada. Foi de novo autoeditado con Autoeditados Distribución no 2007. Ao igual que no anterior, foron utilizados teclados nun tema, e unha sintetizada sección de ventos  en “A Rapa”, tema lonxe do estilo do grupo que introducía elementos de mestizaxe e de hip-hop (e que aínda sona decotío na Radio Galega cando falan da Rapa das Bestas de Sabucedo).

O disco mesturaba o estilo do anterior con temas máis nunha linha punk-rock e hardcore incluso. Se no anterior so dous temas foron cantados en galego, neste novo disco foron seis temas dos once co formaban, os que ían cantados en dito idioma. No tema que pechaba o disco, “Galiza festa rachada”, mesturamos ska e folk con punk-rock, e colabora vocalmente Javi Maneiro(Heredeiros da Crus), este tema aínda agora é o que acostuma pechar os nosos concertos.

Este disco foi presentado ao vivo ademais de na Estrada, en Vigo, A Coruña…etc

O tema que o titula, “Un tipo normal”, foi un éxito absoluto no Aberto x reformas de Xurxo Souto, que proclamaba aos catro ventos o seu amor pola banda ata o punto de que dito tema foi utilizado na Radio Galega como jingle para anunciar o programa. O disco segue obtendo boas críticas en medios coma Rock Estatal, Insonoro.com ou Rockandrollarmy.

Deste disco fíxose un videoclip do tema “Ondas venenosas”, unha aceda crítica contra a COPE e o seu daquela locutor estrela, Federico Jiménez Losantos. Dito videoclip quedou finalista nun certame

celebrado en Ordes.

Nesta época o responsable de Lonxa Cultural, a distribuidora de música galega máis potente daquela, contacta con nós por que segín dí, “quere distribuir  a nosa música”, cousa que aceptamos encantados.

As vendas do disco son inferiores as agardadas despois da gran inversión feita na gravación, iso unido ao descontento coa excesivamente limpa produción e o seu  crecente gusto polo garaxe e o seu característico son suxo e directo, fan que Jorge Rodríguez anímese a gravar o seguinte disco do grupo coma produtor no propio local da banda. Toma máis forza a influenza de grupos coma Stooges, Oblivians, The Cramps…e en dous días, para conseguir a espontaneidade buscada, e en directo, gravase “Eche o que hai”(2009), autoeditado xunto con Falcatruada. O disco conten temas máis curtos e directos, e resulta compositivamnete do máis variado, garaxe, funk, blues, punk-rock, hardcore danse a man baixo un son cru e directo, e unhas percusións minimalistas.

Nesta época son escollidos por Nsaio entre outras ducias de bandas galegas para facer unha serie de concertos que ao final quedaran nun único bolo en Ordes(con Ruxe-ruxe e diversas bandas mais).

Seguemos presentando o disco no Barco, Ferrol, Vila de Cruces(nun festival con Zenzar e Nao), no Festival da Mocidade de Xinzo e en diversos puntos da xeografía galega.

Para o seguinte disco, “Galician carraxe on garaxe”(2010), o mesmo Jorge Rodríguez encargouse da gravación e produción e aquí si que se acadou perfectamente o que se buscaba, un son suxo e potente(esa potencia que no anterior quedara polo camiño). Para este disco e contando coas labores de management de Galiza Rock realizamos unha xira continuada de máis de doce datas pola xeografía galega incluíndo festivais coma o Son de Meiga xunto con Rosendo, Sepultura, Siniestro Total, Def Con Dos…etc ou de novo o Festival da Mocidade de Xinzo xunto con Postmorten e Skandalo Gz. O traballo foi presentado na Sala Capitol de Compostela nun concerto retransmitido en directo pola Radio Galega Música a través do programa Planeta Furancho.

Este traballo foi editado en vinilo e Cd, e distribuíuse a diferentes partes da península por medio de distribuidoras e particulares que nolo solicitaron.

O traballo obtivo moi boas críticas  de novo en medios como Rockandrollarmy, Rockestatal ou Insonoro.com. No Planeta Furancho de Vituco Neira soou decotío “E ti riste de min”, tema para o que tamén se fixo un videoclip.

O seguinte traballo “Agora si!!…despois igual non(imolo vendo)”(2011) foi gravado nos estudios Abrigueiro de Arturo Vaquero en directo.

Con este disco decidímonos por un son máis limpo, menos garaxeiro e a nivel musical introducimos elementos country nalgún tema, ska, coros melódicos, rap…etc. No disco colabora o cantante Xavinho (Raiba, ex-Nao) no tema “A serpe”. Deste disco fíxose un videoclip do tema “Moi ben”. O disco obtivo moi boas críticas  acadando un notable na revista Rock estatal e destacadas críticas en todos os medios aos que foi enviado.

Para este disco fichamos polo management de Saraiba Produccións, que levaba a artistas como Josele(Enemigos), Zenzar, Nao…etc

O traballo presentase por toda Galiza(Santiago, A Coruña, Vigo, Lugo, Pontevedra, O Barco, Ourense…etc). Despois  deste traballo finaliza a nosa relación con Falcatruada e Lonxa Cultural(a distribuidora) quen dexa de pagarnos as vendas que fixeron(sabémolo certamente) de contestar as nosas comunicacións e quedan con todo o material que tiñan noso, maila ter un contrato asinado, nos evitamos acudir a xustiza, pero quedamos sen distribución e sen o que nos pertence: cartos, discos…etc.

Despois de dous anos tocando por aquí e acolá, e de de quedar sen management polo peche de Saraiba Produccións(puta crise, actualmente contamos co apoio de Galiza Música como management), gravamos de novo nos estudios Abrigueiro, e novamente en directo o que é o noso sexto traballo, “Porcocan”(2013), como adianto gravamos un videoclip do tema “O baile do parado”.

Este disco é sen dúbida, o noso traballo co mellor son e mellores temas en conxunto, un disco no que introducimos voz feminina en varios temas, a vez que os coros duns amigos que enriquecen moito o resultado final. Un disco onde a aceda crítica social e o hedonismo propio do rocanrol máis irreverente mestúranse dun xeito natural e desenfadado.

Unha montaña rusa onde as líricas profundas e comprometidas aparéanse con outras  triviais e divertidas, onde a velocidade e a melodía xuntanse de xeito íntimo e convidante a bailar de xeito descontrolado e irracional, sen esquecer que vivimos nun mundo inxusto que podemos mellorar entre tod@s se nolo propoñemos(hehe esta parrafada é parte do texto promocional).

Desgrazadamente despois de dous concertos de presentación deste disco pasa o pior, o noso cantante e amigo, Miguel Castro, fina repentinamente e o grupo queda desolado.

O grupo valora deixalo pero os centos de mensaxes de ánimo e apoio recibidos fan que optemos por continuar. O noso baixista de sempre, Pedro Dono,  xa anunciara antes que ía marchar para Madrid por motivos de estudos/traballo, polo tanto so quedabámos dous membros de Esquíos..

As novas incorporacións son as seguintes: Adrián Gañete coma novo vocalista, Xosé Maceira coma novo baixista e Manuel Rodríguez coma segundo guitarra.

 

Aínda conmocionados informánnos que somos os gañadores, premio do xurado, do Vas Sacar Nota da Radio Galega, no que se escolle a canción galega do verán.

Despois de facer un concerto homenaxe a Moro coa participación de Ruxe-ruxe, Raiba, Os John Deeres, Seve e Regato de Matamulleres, e no que Esquíos realizaron un pequeno set con diferentes membros, a nova formación continúa a presentación de “Porcocan”.

Despois dunha serie de concertos deciden gravar un novo disco aproveitando o premio do Vas Sacar Nota 2013, de xeito que rexistran no estudio de produción da Radio Galega baixo a batuta de Toño Vázquez, nove temas propios máis unha versión do “Let’s lynch the landlord” de Dead Kwennedys. A gravación faise en rigoroso directo, sen utilizar ordenadores e sen ningún tipo de recordings ou engadidos durante o proceso. O disco, que vai adicado á memoria de Moro, títulase “Estamos aquí” e edítase en maio de 2014, ao mesmo tempo gravan un videoclip co tema “Incomunicado”, que serve de presentación do mesmo.

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s