ATENCIÓN, CAMBIO DE DATA DA PRESENTACIÓN DO DISCO NA ESTRADA

Actualización:

Debido ao repentino accidente vascular do pai do noso cantante(Miguel Castro), vémonos na obriga de cambiar a data do concerto do 4 de xuño na Estrada para máis adiante, para o día 24 de xuño, durante as Festas da Estrada.

Sentímolo,  e moito ánimo dende aquí ao pai de Miguel, a  Miguel e a familia!

O vindeiro 24 de xuño vai ser un día moi especial, e non só por que afortunadamente cumpriranse xa 13 días do remate do pesadelo electoral, senón tamén por que nesa noite, a partires das 23:00 horas, Esquíos presentaran o seu esperado novo disco (o quinto xa): “Agora si!!…Despois igual non (imolo vendo)”.

Producido por Arturo Vaquero e gravado en rigoroso directo nos estudios Abrigueiro.

Soando mellor que nunca, presentamos o noso disco mais rápido, mais bailón e mais punki, conservando o noso toque garaxe e facendo algunha incursión noutros estilos, coma por exemplo o country.

Doce temas propios, un deles coa colaboración vocal de Xavinho (Raiba), con títulos coma “Son parvo”, “Bukowski”(adicada ao escritor), “Psicose no 2012” ou “Xunta-te”, contendo letras divertidas e mais ácidas que nunca.

En esquios.bandcamp.com podedes ir escoitando temas do novo disco, e mercalos dixitalmente.

O disco(CD) estará dispoñible a partir do 4 de xuño en toda Galiza distribuído por Lonxa Cultural. Esta vez aínda non temos pechada a posible edición do disco en vinilo, pero estamos nelo.

Podedes mercar o disco tamén a través da Esquíos Tenda(en http://www.esquios.com está o ligazón a ela) en breve.

Coma banda invitada estarán os K-raxe, presentando o seu primeiro disco, “Novos tempos”.

Entrada 4 € sen disco/ 8 € co disco de Esquíos.

Aínda estamos pechando datas pero podemos confirmar as seguintes:

-18 DE XUÑO, PUB LONDON (ORDES)
-8 DE OUTUBRO, SALA MOON(SANTIAGO), + OS ROYALTIES
-31 DE OUTUBRO, PUB D’ANTÓN(LARACHA) + K-RAXE

Mais info na nosa nova web en www.esquios.com.

Vémonos alí!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s