Resumo do ano 2013: ata sempre Moro!

Remata este ano nefasto para Esquíos, o ano no que naceu Porcocan, pero tamén desgraciadamente o ano que se levou por diante a vida do noso compañeiro e amigo Moro. Isto xa o marcará por sempre coma ano fatídico, pero hai que seguir adiante coa forza que el tamén tiña e por iso seguemos aquí, cunha nova formación e uns novos compañeiros que están sendo unha bendición e cos que estamos encantados e coas mesmas ganas de sempre de seguir facendo cousas, de seguir facendo música e de seguir dando concertos.

Tamén foi o ano no que Pedro o noso baixista e amigo deixou o grupo para emigrar alén das nosas fronteiras, o traballo é o que ten, aínda por riba tes que traballarte ter traballo, “sign of the times” que din os anglosaxóns.

Comezamos o ano preparando os temas de que conformarían Porcocan, gravandoo nos Abrigueiro estudios e despois dando algúns concertos de presentación ata o pasamento de Moro.

Despois dun obrigado parón no que nos replantexamos as cousas, continuamos estreando a nova formación na homenaxe a Moro.

Fomos agasallados co premio do xurado á canción do verán do Vas Sacar Nota da Radio Galega, o cal sinceiramente nos fixo sentir moi honrados e que por suposto adicamos a Moro.

Dende aquel concerto-homenaxe estivemos tocando no Rockers da Estrada, na Xebra de Burela, no Chimarrao de Ferrol e na Clan de Xinzo…Grandes recordos e grandísima xente coñecemos en todos eles…e a cousa seguirá en xaneiro cun concerto no Rockin’ Swing de Vigo e de novo no Rockers estradense na compaña dos noso amigos e grandísima banda, The Brosas.

Estes últimos días estivemos preparando temas novos e xa temos oito novas “andanadas” sonoras que estamos desexando mostrarvos…e que siga…

Saúde e feliz ano entrante a todo o mundo!!(ben, non a todo o mundo, pero imos ser correctos por un día…)

Aí tendes algunhas fotos que recuperamos hai pouco de distintas fontes, vai por Moro!


Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s