Xa temos o novo disco!! “Estamos aquí”!!

Despois dun fatídico ano 2013 e da incorporación de tres novos compoñentes Esquíos volve co seu disco líricamente máis persoal e escuro, aínda que conservando picadas do seu habitual humor e ironía no que pode ser o seu rexistro discográfico máis rotundo.
O disco gravouse en directo no estudio da Radio Galega seguindo as premisas baixo as que se xestaron os grandes discos dos setenta, dun xeito artesanal e sen utilizar ordenadores, capturando toda a maxia e a forza da banda ao vivo en dez temas cunha duración media máis elevada do habitual e que alternan a preponderancia de velocidade, agresividade, groove ou melodía.
Salientar que por primeira vez incluen nun disco unha versión dun tema alleo, neste caso unha adaptación ao galego do “Let’s lynch the landlord” de Dead kennedys, traducida por eles coma “Linchar ao rendeiro”.
“Estamos aquí” é unha reafirmación de Esquíos como banda, como xeito de face-las cousas e como ideario vital que por suposto vai adicado a memoria de Miguel Angel Castro, Moro.

O disco podedes escoitalo (e mercalo) en:  http://esquios.bandcamp.com

Tamén podes escoitar este e outros discos nosos en Spotify, este é o ligazón  Esquios ou buscanos no programa.

Aquí tendes o videoclip de presentación:

 

Aquí o cartaz coas primeiras datas de presentación do disco pechadas:

Cartaz estamos aqui xira ps

Saúdos !

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s