The new album is coming!

esquios-estudioDespois de gravalo, mesturalo e masterizalo nun tempo record de nove horas, rematamos a nosa  nova gravación.

Gravado ao vivo nos Bonham Studios co propio Bonham como técnico e mago dos controles, Nunca choveu que non escampara, que así se titulará o disco, está en proceso de negociar a súa edición.

Agardamos con ansia que o poidades escoitar e que vos guste tanto como a nós.

Mantédevos informados no noso facebook.

(Como podedes comprobar na imaxe que acompaña, no estudio non paramos quietos un segundo)

Saúdos!